viernes, 31 de mayo de 2013
miércoles, 29 de mayo de 2013
VIAXE A MADRID 2013
LUNS 6
Empezamos a viaxe o día 6 de maio ás oito da mañá. Estabamos todos e todas un pouco nerviosos, con mariposas no estómago. Cando pasou un rato empezamos a facer barullo cos móbiles, MP3 e cámaras de fotos. Paramos a comer en Tordesillas, nun parque a orillas do río Douro, un río moi grande no que había gansos e patos.
Pola tarde chegamos aos bungalows, nos que nos aloxamos durante a nosa estancia en Madrid. Gustáronnos moito!
MARTES 7
Pola máña, vimos a famosa porta de Alcalá e demos un paseo polo coñecido parque do retiro. Logo xa iniciamos á visita ao Museo do Prado, que resultou moi instructiva. Había moitos cadros interesantes, entre eles: “Saturno devorando ao seu fillo”, “Os fusilamentos do 3 de maio” e “As meninas”. O museo alberga moitísimos cadros e o percorrido foi moi longo. Grandes e inmensas salas tiñan cadros xigantes e outras salas máis pequenas tiñan expostos cadros menores. Fora do museo hai xardíns e nun deles unha estatua de Goya. Cando rematamos a visita ao museo, fomos comer ao museo do xamón.
Pola tarde visitamos o Estadio Santiago Bernabeu, nada máis chegar quedamos abraiados, é enorme. Subimos ás gradas para ver como é o campo desde arriba, desde alí parecía pequeno paro ao baixar sentíamonos formiguiñas alí dentro. Sentámonos nos bancos de entrenadores e visitamos os vestiarios. Fomos ver as copas que ten o Real Madrid, ten tantas! Para rematar fixémonos fotos cos xogadores nunha fotomontaxe. Que ben o pasamos!
De volta aos bungalows, un paseo pola Castellana, a Praza Maior , a Porta do Sol, o Palacio Real e a Praza de España.
MÉRCORES 8
Pola mañá estivemos en Toledo. A parte vella da cidade é a máis interesante, alí vimos construccións medievais e escaparates con espadas de aceiro toledano. Está prohibida a circulación de vehículos, o cal é moi agradable para pasear. Tamén visitamos o Museo Visigodo e unha Sinagoga. Na parte nova de Toledo hay moitos edificios e parecía que non estabamos na mesma cidade. Comemos en Toledo e…
Pola tarde visitamos o Palacio Real de Aranjuez, no que viviron os Reis Católicos, Isabel de Castela e Fernando de Aragón, que según nos explicou o guía, tiñan gustos moi diferentes. O xardín era enorme e había patos nun estanque grandísimo.
XOVES 9
Visita ao zoo. Vimos todo tipo de animais: koalas, serpes, elefantes… O que máis me gustou foron os delfíns, facían piruetas e obedecían as ordes dos monitores. O acuario tamén é moi interesante. Impresiona a casa das serpes, onde hai serpes e lagartos enormes. Nunha tenda que hai dentro do recinto compramos agasallos. Comemos no mesmo zoo e a comida estaba moi boa. E pola tarde….
Parque de atraccións. Eu creo que é o que máis me gustou da excursión. Chegamos ás catro e estivemos esperando un anaco, deixamos as cousas nas taquillas e entramos no parque. Sacamos unha fotografía en grupo e Ana dixo: -Quedamos ás sete aquí, hala, a divertirse!
Nese momento nos sentimos todos tan ben…tres horas de liberdade!
Separámonos e empezamos a explorar. Eu fun primeiro ao zepelín, que é unha especie de globo que che leva lentamente por todo o parque, e así podes ver todas as atraccións e elexir a que máis che gusta. A maioría da xente se pasou media tarde nas atraccións de auga: o aserradero, o reventa troncos, os rápidos…
Algúns tamén foron ao Caserón, que é unha vella casa abandonada. Que medo!
Que pena cando deron as sete. Foi divertidísimo.
viernes, 4 de marzo de 2011
viernes, 4 de febrero de 2011
Somos a clase de 6º B
No mapa en relevo que estamos facendo,
sobre o corcho,
aplicamos cola e barro
para ir modelando o terreo.
Cada plancha de corcho,
de 7 mm,
representa unha
curva de nivel
de 50 metros
de altitude.
As alumnas modelan
o Monte Corveiro.
Meridiano 9º10´
paralelo 43º10´04´´.
Esta zona do mapa é
máis preto ao Cabo Vilán,
en Camariñas.
**********************************************************************************
Estamos iniciando o noso blogue: Brais Pombo, Adrián Toba, Sandra Sixto, Samuel López, Juan Antonio Lema, Antón Iglesias, Brais Lagoa, Christian Vázquez, Yereda Vázquez, Leticia Pose, Samuel Soneira, Brais Trillo, Carmen Mira, Judith Senlle, Claudia Sambade, Paula Romar, María Santalla e Brais Díaz.
sobre o corcho,
aplicamos cola e barro
para ir modelando o terreo.
Cada plancha de corcho,
de 7 mm,
representa unha
curva de nivel
de 50 metros
de altitude.
As alumnas modelan
o Monte Corveiro.
Meridiano 9º10´
paralelo 43º10´04´´.
Esta zona do mapa é
máis preto ao Cabo Vilán,
en Camariñas.
**********************************************************************************
Estamos iniciando o noso blogue: Brais Pombo, Adrián Toba, Sandra Sixto, Samuel López, Juan Antonio Lema, Antón Iglesias, Brais Lagoa, Christian Vázquez, Yereda Vázquez, Leticia Pose, Samuel Soneira, Brais Trillo, Carmen Mira, Judith Senlle, Claudia Sambade, Paula Romar, María Santalla e Brais Díaz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
