O Serpent.



O Serpent: historia dun naufraxio
por
Antón Iglesias Pan
Brais Pombo Góñez
 Adrián Toba Caamaño
Christian Vázquez Ronquete


            Características
O Serpent  foi un buque-escola, que pertencía a clase Archer, unha  de terceira clase da Marina Real Británica (Royal Navy).  O seu capitán era Harry L. Ross.
O buque era de 1.770 toneladas con 68,58 m de eslora (largo) e 10,97 m de manga (ancho). O seu calado (parte somerxida do barco) medía uns 4,42 m. Estaba armado de 6 canóns de 6 polgadas, 8 canóns de 3 libras e 5 tubos lanzatorpedos. Podía soportar, ademais, 175 persoas.
Praia de Traba, Camelle, Arou, praia do Trece, Cabo Vilán
 
O buque partiu de Plymouth (condado de Devon) o día 8 de novembro de de 1890 con destino a Serra Leona (África) para poder relevar ao HMS Archer.
Na viaxe sopraba forte o vento do Oeste, navegaban a media máquina e había cerrazón.No día 9 discutiron no barco por que se avistaba unha costa a babor.Debido ao cerrazón máis a escasa luz do faro Vilano o capitán non puido ver.
Naufragou ao chocar sobre as once da noite do día 10 de novembro na Punta do Boi, preto de Cabo Vilán (Camariñas). O vento e as olas guindárono contra as rochas.
     O Serpent non se afundiu rapidamente, senón que puido estar a flote unha hora.
Nesta hora,o capitán Ross,ordenou que se lanzaran os cabos (os lanzacabos estaban rotos) e que se utilizaran os botes. Tras intentos inútiles gritaron o 
¡Sálvese quen poida!
Tres destes 175 mariñeiros foron tirados  vivos a praia de Trece.Eran  Bourton, Gould e Lacsne. 
Os 172 restantes foron tirados a praia, pero xa cadáveres.
Os superviventes camiñaron ata Xaviña; ao sur de Camariñas.Os veciños axudaron a estes tres; e por orde do Rvdo. Carrera rescataron os cadáveres e os enterraron no “cemiterio dos Ingleses. A pesar de que o mando inglés  agradeceu a hospitalidade  houbo discusións entre dous párrocos sobre dedicarlle oracións funerarias aos ingleses, que tan só 63 eran católicos.

Os superviventes embarcaron nun  cañoneiro inglés e voltaron a Plymouth. En recompensa o axuntamento obtivo un barómetro, o alcalde un reloxo de ouro  para o cura unha escopeta que poñía na culata “The lord Commisioner of the British Almiralty” (O sr. Comisario do Almirantazgo Británico).

En 1890 concluíuse que a perda do barco foi causada por un erro de navegación. A causa deste incidente crearon o novo faro Vilán 5, anos máis tarde, con electricidade e noutro lugar.  Os tres superviventes tiñan posto o salvavidas, por iso xeneralizouse o seu uso na Royal Navy.
En recordo, fíxose unha placa conmemorativa que agora atópase nos Xardíns de San Carlos de A Coruña.

GLOSARIO:
Calado: Medida vertical da parte somerxida dun barco.
Eslora: Medida do largo dun barco.
Manga: Medida do ancho dun barco.
Cerrazón: Estado do ceo cando está cuberto de nubes escuras.
Barómetro: Utensilio que serve para medir a presión atmosférica.
Autores:
Antón Iglesias Pan, Brais Pombo Góñez, Adrián Toba Caamaño, Christian Vázquez Ronquete 
25 de febreiro 2011.