miércoles, 29 de mayo de 2013

VIAXE A MADRID 2013

LUNS 6
Empezamos a viaxe  o día 6 de maio ás oito da mañá. Estabamos todos e todas un pouco nerviosos, con mariposas no estómago. Cando pasou un rato empezamos a facer barullo cos móbiles,  MP3 e cámaras de fotos. Paramos a comer en Tordesillas, nun parque a orillas do río Douro, un río moi  grande  no que había gansos e patos.
Pola tarde chegamos aos bungalows,  nos que nos aloxamos durante a nosa estancia en Madrid. Gustáronnos moito!
MARTES 7
Pola máña, vimos  a famosa porta de Alcalá e  demos un paseo polo coñecido parque do retiro. Logo xa iniciamos á visita ao Museo do Prado, que resultou moi instructiva. Había moitos cadros interesantes, entre eles: “Saturno devorando ao seu fillo”, Os fusilamentos do 3 de maio” e “As meninas”. O museo alberga moitísimos cadros e o percorrido foi moi longo. Grandes e inmensas salas tiñan cadros xigantes e outras salas máis pequenas tiñan expostos cadros menores. Fora do museo hai xardíns e nun deles unha estatua de Goya.  Cando rematamos a visita ao museo, fomos comer ao museo do xamón.
Pola tarde visitamos o Estadio Santiago Bernabeu, nada máis chegar quedamos abraiados, é enorme. Subimos ás gradas para ver como é o campo  desde arriba, desde alí parecía pequeno paro ao baixar sentíamonos formiguiñas alí dentro. Sentámonos nos bancos de entrenadores e visitamos os vestiarios. Fomos ver as copas que ten o Real Madrid, ten tantas!  Para rematar fixémonos fotos cos xogadores nunha fotomontaxe.  Que ben o pasamos!
De volta aos bungalows, un paseo pola Castellana, a  Praza Maior , a Porta do Sol, o Palacio Real e a Praza de España.


MÉRCORES 8
Pola mañá estivemos en Toledo. A parte vella da cidade é a máis interesante, alí vimos construccións medievais e escaparates con espadas de aceiro toledano. Está prohibida a circulación de vehículos, o cal é moi agradable para pasear. Tamén visitamos o Museo Visigodo e unha Sinagoga. Na parte nova de Toledo hay moitos edificios e parecía que non estabamos na mesma cidade. Comemos en Toledo e…

  Pola tarde visitamos o Palacio Real de Aranjuez, no que viviron os Reis Católicos, Isabel de Castela e Fernando de Aragón, que según nos explicou o guía, tiñan gustos   moi diferentes.     O xardín era enorme e había patos nun estanque grandísimo.
XOVES 9
Visita ao zoo. Vimos todo tipo de animais: koalas, serpes, elefantes… O que máis me gustou foron os delfíns, facían piruetas e obedecían as ordes dos monitores. O acuario tamén é moi interesante. Impresiona  a casa das serpes, onde hai serpes e lagartos enormes. Nunha tenda que hai dentro do recinto compramos  agasallos. Comemos no mesmo zoo e a comida estaba moi boa.    E pola tarde….
Parque de atraccións. Eu creo que é o que máis me gustou da excursión. Chegamos ás catro e estivemos esperando un anaco, deixamos as cousas nas taquillas e entramos no parque. Sacamos unha fotografía en grupo e Ana dixo: -Quedamos ás sete aquí, hala, a divertirse!
Nese momento nos sentimos todos tan ben…tres horas de liberdade!
Separámonos e empezamos a explorar. Eu fun primeiro ao zepelín, que é unha especie de globo que che leva lentamente por todo o parque, e así podes ver todas as atraccións e elexir a que máis che gusta. A maioría da xente se pasou media tarde nas atraccións de auga: o aserradero, o reventa troncos, os rápidos…
Algúns tamén foron ao Caserón, que é unha vella casa abandonada. Que medo!
Que pena cando deron as sete. Foi divertidísimo.



                                               
VENRES 10
Viaxe de regreso a Cee. Polo camiño visitamos Segovia , unha cidade preciosa  e o seu acueducto impresionante. Tamén paramos na Granxa de San Ildefonso e visitamos  os xardíns e nos perdimos no seu seu laberinto.





Chegamos a Cee ás 11 da noite, cansos, afónicos e felices!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario