Domingo A. de Andrade.

Domingo Antonio de Andrade 
(1639-1712)
por
LETICIA POSE BARDULLAS
   BRAIS TRILLO FANDIÑO 
YEREDA VÁZQUEZ INSUA



Torre do Reloxo
Domingo Antonio de Andrade  nado en Cee no ano 1639, morreu  en Santiago de Compostela, (o 12 de novembro do 1712). Foi un arquitecto galego da segunda  metade do século XVII e comezos do XVIII e principal promotor en Galicia do tránsito ao barroco.

VIDA
Estudou na Facultade de Artes da Universidade de Santiago de Compostela en 1654-1656 coa intención de facerse clérigo. Completou os seus estudos en Salamanca ou quizais en Alcalá de Henares, onde adquiriu o título de licenciado.
No ano 1669 era Aparellador Maior da catedral  e en 1676 foi nomeado  Mestre de Obras.
Contraeu matrimonio con Dona Isabel Arenas de Canosa, pero, ao quedar viúvo en 1700, acabou ordenándose sacerdote e solicitando unha praza  no Cabildo da catedral Compostelá, da que era mestre maior dende 1672. Morreu en Santiago e foi sepultado na catedral.

OBRA ESCRITA
Froito dos seus estudos, viaxes e curiosidade intelectual, foi o tratado “Excelencias da Arquitectura”, publicado en Santiago no 1695 . Trátase máis ben dunha obra erudita e intelectual que práctica,  producto  do universitario  e non tanto do artista;  nela, como indica o seu título, pretende, ante todo, xustificar  a súa profesión, ponderando a nobreza, antigüidade e carácter científico da arquitectura militar.


ARQUITECTO INSIGNE
S. Domingos de Bonaval. Escaleira
A obra de Andrade, durante os 40 anos que estivo en activo, foi amplia e polifacética, pois comprendeu a arte da talla e a ensamblaxe de retablos, ademáis da arquitectura propiamente dita, e, dentro de esta estendeuse tanto ao relixioso coma o civil e militar. Conserváronse   diversos debuxos e gravados feitos por el. Por exemplo: A Torre do reloxo da catedral de Santiago de Compostela. Dentro das súas composicións arquitectónicas destacan  as realizadas para a catedral de Santiago de Compostela, da que foi o primeiro aparellador e despois mestre maior, a raíz da marcha do fabricador Vega e Verdugo en 1676. En esta data deu comezo a que había de ser a súa obra mestra: A torre do reloxo. Sobre a base dunha torre medieval preexistente- a Berenguela-, levantou os tres últimos corpos  e as proporcións son proba do dominio técnico e estético do seu creador.

Ademais da torre do reloxo, traballou no convento de San Domingos de Bonaval, Santiago, onde destaca a fermosa escaleira de caracol.


Datos biográficos: 

1639: Nace na Vila de Cee.               
1654-56: Estudia Artes e Cánones en Santiago.
1662: Traballa na Catedral de Santiago.
1666: Contrata o retablo da Capela Maior da Igexa de Cee.
1669: Fai a planta para a restauración da igrexa de Salvaterra.
1672: Aparellador maior da Catedral compostelana.
1676: Mestre de obras, sucede a Peña de Toro. Comprométese a facer a Torre do Reloxio.
1678: Obras de Sacristía da Catedral de Lugo e o baldquino do Mosteiro de Oseira.
1679: Fai o baldaquino do altar do Sto. Cristo da Catedral de Ourense.
1680: Remata a Torre do Reloxio.
1683: Realiza varios traballos na Catedral de Lugo.
1685: A Casa da Parra en Santiago.
1687: Retablo da Capela Maior do Santo Domingo.
1693: Retablo para a Cofradía de Animas de Cee. Fai obras de reedificación en 
Sto. Domingo de Bonaval: tres lenzos do claustro, fachada da portería é a escaleira de caracol.
1695: Publica o seu libro "Excelencias, Antigüedad y Nobleza de la Arquitectura". Hai dous exemplares, pero queda un manuscrito do arquitecto enviado ao XI Conde de Lemos cunha receita de cómo fabricar unha bomba bacteriolóxica contra mouros e herexes.
1699: Morre a súa dona Isabel de Arenas.
1700: Acaba o Pórtico Real da Quintana, e o segundo corpo da Porto Santa. Foi ordenado presbítero.
1707: Casa da Praza de Feijóo.
1709: Casa da Conga, na Praza da Quintana.
1712: 12 de novembro, morre en Santiago.
Foi autor tamén dos planos da Igrexa do Convento das Clarisas de Tui.
HOMENAXE AO MESTRE ANDRADE NO 350º ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO.
O Concello de Cee, por medio dunha comisión organizadora celebrou o 11 de agosto de 1990 unha emotiva homenaxe a este mestre do barroco, no 350º aniversario do seu nacemento.
Houbo unha exposición de debuxos da súa autoría; presentación do libro: 
"Domingo A. de Andrade, hijo ilustre de Cee", escritor polo historiador Francisco Mayán; 
Inaugurouse a rúa Domingo de Andrade; e tamén un momumento conmemorativo
 Bibliografía:
http://www.geocities.ws/pcanizo/domingodeandrade.arquitecto.htm

Domingo Antonio de Andrade, hijo ilustre de Cee . Cee 1990. 
El arquitecto gallego Domingo Antonio de Andrade. Su vida y su obra.  
Autor: Francisco Mayán Fernández.

LETICIA POSE BARDULLAS, YEREDA VÁZQUEZ INSUA E BRAIS TRILLO FANDIÑO