Fernando Blanco de Lema

 Fernando Blanco de Lema
por: 
Carmen Mira Santamarina
Claudia Sambade Martínez
Sandra Sixto Bau


PRESENTACION
Entre os moitos emigrantes que,nas primeiras décadas do s.XIX,se viron obrigadas a abandonar as súas terras en busca dun destino incerto atopábase Fernando Blanco De Lema. Á temperá idade de trece anos,aínda un neno,debeu afrontar unha viaxe que nesa época podía chegar a ser dramática:duraba meses,en veleiros pequenos e inseguros,mal acondicionados e a miúdo cunhas condicións hixiénicas lamentables.Para cando chegou a Habana,de onde non regresaría,sen dúbida os sucesos tráxicos que determinaron a súa infancia fixeran madurecer xa o seu carácter
Retrato de Fernando Blanco de Lema
Onde naceu? E morreu?

Fernando Blanco de Lema foi un destacado filántropo do século XIX en Galicia.  Naceu en CEE (A Coruña),o 18 de outubro de 1796 e faleceu na Habana (Cuba) o 8 de abril de 1875 con 79 anos.

Uns acontecementos luctuosos
A nai de Fernando, Josefa Suárez Prieto viuse á fin nunha situación exterma:con cinco fillos e sen recursos,sen a colabora cion do padriño de Fernando e coa súa casa saqueada,decidiu enviar ós seus tres fillos varóns a Ferrol,onde vivían uns familiares. Foi só o primeiro paso;ao cabo de pouco tempo a súa familia custoulle a Fernando Blanco a viaxe a Cuba,onde se abriría camiño cun tesón e un esforzo encomiables,infrecuentes nun mozo da súa corta idade.

TESTAMENTO DE FERNANDO BLANCO
Fernando Blanco   no seu testamento espuxo a sua vontade de asinar certas cantidades a dúas sobriñas de Regla de Silva, a dous  curmáns que tiña en España sen fortuna.    
   Finalmente deixou (750.000 pesos de ouro) para emplealos na construcón e mantenimento dun colexio de primeira e segunda ensinanza na sua villa natal (Cee).             
                                                              
Obras e Homenaxes
Escola de nenas-Museo
Ca súa herdanza téñense feitas varias impotantes obras e por eso recibiu moitas homenaxes xa que doou todos os seus cartos cando morreu para facer escolas…
   Algunhas das obras e homenaxes son: un colexio de primeira e segunda ensiñanza, unha escola de nenas (agora é un museo)  un colexio (actualmente  un instituto no que están os seus restos). Tamén ten unha rúa en Cee e unha estatua na entrada do instituto ``Fernando Blanco´´ de Cee
Estatua e Instituto


O instituto FERNANDO BLANCO está situado en CEE. Inaugurouse o 1 de outubro de 1886 (dez anos despois de que morrera). A primeira pedra colocouse o 2 de agosto de 1880.
   Alí encóntranse os restos de Fernando Blanco na  capela do colexio.
O colexio das nenas  agora é un museo.
O groso da fortuna de Fernando Blanco empregouno na construción e mantenemento dun colexio de primaria e secundaria ensinanza na súa localidade natal,    na casa en que viviu.
VOCABULARIO
          Filántropo: persoa que se dedica a facer obras en veneficio da comunidade sen procurar satisfacer ningún interes persoal; benfeitor.
          Finanzas: conxunto de actividades relacionadas co diñeiro dos negocios, dos bancos ou da bolsa.
          Forcexos: loitar, pelexar, facer forza para vencer unha resistencia.
          Languidez: falta de vida de movemento.
          Capela: edificio destinado ó culto dentro dunha comunidade privada.
          Regla de silva: señora que coidou a Fernando Blanco cando estivo enfermo.